Marcelli, ‘Top 5’ Mundial tras o G.P. de Xapón

O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido disputou esta fin de semana en Xapón a segunda proba do Campionato do Mundo de Trial 2017. Despois da súa vitoria no Gran Premio de España, o noso veciño chegaba como líder mundial a terras niponas.

Segundo se pode ler en TodoTrial.com, tras o primeiro día de competición “el francés Gael Chatagno (Gas Gas) ha sido el ganador en la disputadísima categoría Trial2, quedando a cinco puntos de distancia de Francesc Moret (Honda). La esperanza británica, Iwan Roberts (Beta) ha sido tercero y se convierte en el nuevo líder del campeonato, ya que el vencedor en Camprodón, Gabriel Marcelli (Montesa), esta vez sólo ha podido ser sexto“.

Aínda que nos consta que Gabri non está moi contento coa súa actuación, conseguiu o segundo día en Xapón un meritorio noveno posto. Logo destes dous días no “País do Sol nacente” o rosaleiro sitúase no Top 5 mundial, en concreto atópase en 4ª posición con 37 puntos, empatado co francés Gael Chatagno e a 15 puntos do novo líder, o británico Iwan Roberts. 

A vindeira cita do Campionato do Mundo de Trial para Gabriel Marcelli terá lugar os días 17 e 18 de xuño en Sant Julià de Lòria, Andorra. ¡Moita sorte, crack!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies