Gabriel Marcelli, entre os mellores do Mundo

Gabriel Marcelli en Varsovia (Polonia) durante o Mundial. (Foto: G.M.)

Un rapaz do Rosal, xa está ‘oficialmente’ (por se antes non o estaba) entre os mellores pilotos do Mundo.

Segundo nos comunican dende a Real Federación de Motociclismo Española, o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, no seu debut na máxima categoría do Trial Nacional é o “flamante ganador del Trofeo Nacional de Trial de TR2 en la prueba precedente y piloto este año del SPEA RFME Equipo Nacional en el Mundial de Trial2, que se ha estrenado en TR1 conquistando una más que meritoria séptima posición final al sumar 45 puntos; cinco de ellos por tiempo”.

Foto: Joan Valls

Marcelli, tras gañar este ano o Campionato de Cataluña (onde reside) e, como dicimos, proclamarse Campión de España de TR2 e ¡Subcampión do Mundo tamén en TR2! quixo probar sorte na categoría “raíña” na octava cita do SPEA RFME Campionato de España 2017 celebrado esta fin de semana na localidade aragonesa de Valderrobres, onde novamente un espectacular Toni Bou conseguía a súa sexta vitoria da tempada.

Segundo a RFME, “ni más ni menos que 93 pilotos han participado en esta octava carrera del año; la última valedera para TR1, el nivel de mayor exigencia y dificultad del campeonato”.

Dende Noticias O Rosal, noraboa Gabri por este debut e moita sorte para a vindeira tempada en todas as túas competicións, pero sobre todo nese novo Campionato de España, onde nos consta xa “ascenderás” á TR1″. ¡Grande… e a por todas, crack!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.