MÁIS DE 600 ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


Este sábado 22 de febreiro levarase a cabo o
Campionato Galego de Campo A Través para persoas con discapacidade no Camping de Salcidos (A Guarda) a partir das 10.30h.
Participarán 130 atletas dos seguintes clubes: Aceesca
(Porriño), Aspanaex (Vigo), Asdán (Vigo), Esclavas (Mos), Juan XXIII
(Pontevedra), Racing Chapela (Redondela), Os Helenos (Monforte) e San
Xerome (A Guarda).
Como novidade, cabe destacar que se realizará de forma
conxunta co Campionato Provincial de Cross escolar Xogade da Xunta, cun total
de 600 deportistas, nas categorías cadete, infantil, alevín e benxamín.
Onte
foi a súa presentación oficial en San Xerome, onde se ultimaron os detalles
para que esté todo listo para o sábado. Coa presenza do Delegado Provincial da
Xunta de Galicia, o alcalde da Guarda, o alcalde do Rosal, e
membros de San Xerome e diferentes clubes deportivos do Baixo Miño destacouse
“a importancia por apostar polo deporte recreativo, ese que nos fai mellores
persoas”.
Organiza: Secretaría Xeral para o Deporte, FEGADDI, S.
Xerome e S.A. do Trega. Patrocinan: Deputación Provincial,  Concellos da
Guarda e do Rosal.
Colaboran: BRILAT, Camping Santa Tecla, Coca Cola, Gadis, Froiz, Agua Sana e Eurobanan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies