‘Jota’ despídese do Novás e da súa afección

acanor-novas-oar-coruna-fotos-ismael-pacheco-noticias-o-rosal-39

O pasado sábado 26 de novembro disputouse en O Rosal a 11ª xornada de Liga do Grupo A da Primeira Nacional. O OAR Coruña, oitavo clasificado, sorprendía a propios e estranos gañando a domicilio ao Acanor Atlético Novás (2º por aquel entón) por un marcador de 30 a 35 goles, levando sempre o timón do partido.

jota-novas

Poucos días despois, o club rosaleiro emitía o seguinte COMUNICADO: “Esta mañá a xunta directiva comunicaba a Jota Muñoz a rescisión do contrato que o vinculaba ao club ate xuño. Esta decisión, tomada na noite do luns, chega co fin de de encontrar un revulsivo para mellorar as sensacións amosadas en varios momentos do inicio da liga.

Tras esta decisión, a dirección do Acanor Novás, quere amosar ‘todo o apoio e agradecemento ao xa ex adestrador pola sua dedicación ate o último día de esta segunda etapa. Jota é un dos mellores adestradores que pasou pola entidade e a sua disciplina e sacrifico quedarán marcados ao igual que no seu anterior ciclo. Pola nosa parte as portas voltan a quedar abertas”.

José Ramón Muñoz ‘Jota’ dirixíase con esta carta aberta dende Somosbalonmano “ao club Atlético Novás e á súa xente”.

clasificacion-novas2

Segundo lembran dende o Acanor Atlético Novás (na actualidade 3º clasificado con 8 vitorias, 1 empate e 2 derrotas) “nestes momentos o primeiro equipo atópase sen adestrador e rastrexa o mercado na busca dun técnico contrastado e coñecedor da liga e o club”.

¡Dende Noticias O Rosal desexámoste moita sorte Jota, foi un pracer, ata sempre!

acanor-novas-oar-coruna-fotos-ismael-pacheco-noticias-o-rosal-58
Juanjo fíxolle entrega dun balón asinado a Martín, gañador do I Concurso de lanzamentos

Velaquí vos deixamos a reportaxe do Acanor Novás-OAR Coruña, realizada polos fotógrafos de Noticias O Rosal, Ismael Pacheco e Óscar Rodríguez.

« 1 de 8 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies