JOSÉ PÉREZ, CONSEGUE PASAR DE FASE E CANTARÁ “LA FELICIDAD” EN RECANTOS (LUAR-TVG) O VENRES 7 DE XUÑO

Na imaxe, coa coñecida actriz, cantante e presentadora galega, Teté Delgado
O cantante rosaleiro José Pérez, que representa ao Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta), xa está entre os oito mellores do concurso Recantos, que se emite todos os venres no coñecido programa LUAR da TVG (Televisión de Galicia). 
Finalmente, despois de semanas, o pasado venres 24 o xurado e o público dende as súas casas, decidiron que tiñan que abandonar Recantos, a representante de Lemosterra (Iria Cid) e máis a de Terras de Lugo (Eviña).
Polo tanto, José Pérez consegue pasar aos cuartos de final, tendo a súa nova actuación o vindeiro 7 de xuño, interpretando unha versión -como sempre en galego- (“É fenomenal”) da canción “La Felicidad”, de Palito Ortega.
¡¡Dende Noticias O Rosal, como sempre, noraboa e moita sorte José!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies