O deportista rosaleiro Jonathan Correa Prado, pertencente ao Real Club Celta de Atletismo e actual Campión Galego de Xavelina, foi convocado pola FGA para participar no XLV Campionato de España de Federaciones Autonómicas Absoluto que se celebra este sábado 19 de setembro en Ciudad Real.

Lembramos que Jonathan é discípulo do noso biolímpico David Gómez Martínez. Segundo se afirma dende a Federación Galega de Atletismo, ata Ciudad Real “viaxarán un total de 19 atletas quenes tomarán parte de maneira mixta nas distintas probas que forman o calendario deste ¨novo¨ formato competitivo marcado polas variacións que obriga a situación actual”.

¡Dende aquí desexámoste moita sorte, Jonathan! ¡A por todas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.