Jesús Rodríguez Alfonso, novelista de O Rosal





Noticias O Rosal entrevista nesta ocasión ao escritor da vila, Jesús Rodríguez Alfonso (A Lomba, 15 de febreiro de 1954), que tras a publicación de dúas novelas (Ríos de Vida e Caminos de Sueños) vén de editar recentemente un conto infantil, que leva por título Carabella.

Confésanos Jesús que “sempre fixen relatos cortos e poesía dende que teño uso de razón, pero hai 11 anos tiven un soño tan bonito, que había que plasmalo dalgunha maneira. O río é o meu nacemento, todo xiraba ao redor del”. Pouco máis de 365 días despois, en marzo de 2008, publicaba o seu primeiro libro, Ríos de Vida.

“Aínda que é todo ficticio,os nomes dos protagonistas desta novela están vinculados con persoas que eu coñezo, discorrendo a trama entre O Rosal e A Guarda”, relata o autor rosaleiro.

Que dúbida cabe, que as viaxes realizadas na realidade por Jesús Rodríguez Alfonso ao berce de moitas das civilizacións antigas lle serviron de experiencia vital para conformar tamén moitos dos pasaxes dos seus escritos. Entre elas, destacamos as súas estadías en Roma (Italia), Exipto, Turquía, Petra (Jordania), etc.

A boa acollida de Ríos de Vida levouno a realizar unha segunda edición en apenas catro meses. “A verdade é que tivo moito éxito e máis ao estar escrita en castelán. Tamén influíu que eu traballaba en Baiona, e claro, é unha vila moi turística”.

Jesús Rodríguez Alfonso, xa dende moi novo, posuía unha sensibilidade fóra do común, que o levou a unha contínua inquedanza artística aparte da escritura, pois realiza traballos en madeira, escaiola ou mesmo pinta cadros. Non en van, as portadas das súas novelas e aínda todos os debuxos que ilustran Carabella son tamén da súa autoría.

Precisamente, hai dous meses, na XXXI Festa do Cabaqueiro 2018, o Salón de Exposicións Municipal de O Rosal acolleu unha mostra pictórica con algunhas das súas obras que reflectían paisaxes, persoas, animais, etc.

O novelista rosaleiro insiste en que a súa única pretensión é escribir libros amenos, nos que o lector conecte con eles, en definitiva “que non se aburra”.

A primeira obra de Jesús Rodríguez Alfonso, Ríos de Vida, “nos traslada á realidade da existencia, cun denominador común entre as personaxes, a amizade e o respecto”. Ten unha sentida dedicatoria á sua nai, Isolina, ademais dun “agradecemento a Carmen, polo acertado do título e moi especialmente a Lourdes pola paciencia en poñer de maneira lexible meus escritos”.

A súa segunda novela, Caminos de Sueños, que vén a ser unha continuación de Ríos de Vida “nos sumerxe nun mundo especial da alta sociedade”. Está dedicada aos seus fillos Pablo e Sergio, tendo tamén un agradecemento especial para “Carmen R. Panteón, polo seu incondicional apoio e bo facer para elaborar esta novela”.

A OUTRA ENTREVISTA.
               
Un libro: moitos, pero por exemplo, “O canto do ruiseñor” de Constance O’Banyon.
Unha comida: ovos, patatas fritas, chourizo e pementos.
Unha bebida: viño, máis ben tinto.
Unha canción: calquera de The Beatles.
Unha cor: vermello.
Unha película: de pequeno me marcou “Los siete espartanos” (1962) de Pedro Lazaga.
Un recuncho do Rosal: como non, o río Tamuxe.
Un soño cumprido: escribir un libro.

3 Comentarios en “Jesús Rodríguez Alfonso, novelista de O Rosal

  1. Talento, buen hacer, perseverancia y mucho trabajo, son sin duda, cualidades necesarias para todo creador de arte, sea escrita, modelada o plasmada en lienzos, cualidades de las que sin lugar a dudas forman parte de Jesús.
    Sencillez, calma y tranquilidad ,educación y saber estar, hijo,padre,amigo, todas ellas regadas con buen corazón y saber hacer son las bondades que derrocha Suso.

  2. Cuánto me alegra ver que que sigues practicando tus aficciones literarias y pictoricas, acompañadas del éxito según leo en el artículo que acompaña la noticia. Es una buena manera de mantener en forma la inteligencia contra el paso de la edad. LO sé por experiencia . Un abrazo, Enrique.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.