Javi Díaz, segundo mellor porteiro de Asobal

javi-diaz-asobal-o-rosal
(Foto recorte: Ignacio Nieto Santamaría) // (Foto xornal: El Norte de Castilla / Ricardo Otazo)

Hai pouco máis dun mes, facíamonos eco da publicación no diario MARCA do artigo Unos ‘señores’ porteros, que tiña como protagonista ao gardarredes rosaleiro Javi Díaz (Recoletas Atlético Valladolid).

Pois ben, o periódico pucelano El Norte de Castilla dedícalle onte, mércores 16 de novembro, unha noticia asinada por César R. Cabrillo, que leva por título “Javi Díaz, segundo mejor portero de Asobal”, onde se ofrecen datos como que o rosaleiro, aos seus 41 anos, “es el segundo mejor portero de la categoría (121 paradas de 369 lanzamientos, 34’76 %)” e o mellor parando dende os seis metros “con 57 paradas a 167 lanzamientos (34’76 %)”.

O cancerbeiro de Fornelos recoñece que “para que yo esté bien debe estar bien la defensa” e que “en el 90% de las ocasiones si la defensa no te ayuda, tú no puedes hacer demasiado”.

Javi Díaz vivirá este sábado 19 de novembro un especial partido, xa que volve ao pavillón do BM Villa de Aranda, onde estivo tres tempadas antes de fichar polo seu actual equipo, o Valladolid.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies