Dom. Jun 26th, 2022
Javi, co seu pequeno, Marco (📸 Balonmán Cangas)

Javi Díaz, o eterno, mítico e incombustible porteiro de Fornelos (O Rosal) volve a sorprender aos afeccionados ao balonmán, pois vén de renovar unha tempada máis co Balonmán Cangas da Liga Asobal, a máxima categoría do “handball” nacional.

Aos seus 47 anos, Javi confesa na entrevista realizada por César Collarte para Faro de Vigo que “venía para un año y ahora ya mejor no digo nada”, señala con buen humor antes de añadir que “estoy contento en Cangas, me encanta el club, estoy al lado de casa y haciendo lo que más me gusta”. 

Como se afirma dende o Balonmán Cangas, Javi é “fundamental tanto dentro como fóra da pista… seguirá xogando ata que queira”.

Lembramos cun sorriso na cara as veces que temos redactado ou falado con Javi “Eterno” sobre a súa retirada… levaremos tranquilamente máis de 10 anos facéndolle a pregunta do seu segredo.

O cancerbeiro do Rosal, é o terceiro xogador con máis partidos na Asobal con 620 en 23 tempadas “y tiene a tiro al segundo en este ranking, el ya retirado Juanín García, que disputó 628. El récord de Jota Hombrados (767) parece a buen recaudo, al menos por el momento”.

Moi grande, Javi, disfruta un ano máis da túa paixón e a nosa máis sincera noraboa dende O Rosal, crack! #JaviLenda #JaviEterno #ORosalcalidade

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies