Javi Díaz e o segredo da eterna xuventude. O porteiro do Rosal volve á Asobal aos 41 anos

Valladolid Javi Díaz

Fotos: Atlético Valladolid / Diego Santamaría

Incrible pero certo. O gardameta rosaleiro de Fornelos, Javi Díaz, que o pasado marzo cumpría nada máis e nada menos que 41 anos de idade, vén de selar co seu equipo, o Atlético Valladolid Recoletas, un histórico ascenso á Liga Asobal, a máxima categoría do balonmán en España, tras gañar 24-29 en Guipúzcoa ao Bidasoa Irún, segundo clasificado. 

Tal e como se pode ler na súa web “el conjunto vallisoletano confirma así, una jornada antes del final de Liga, su primer puesto en la clasificación y el ascenso directo a la Liga Asobal. Un hito histórico para un club muy joven, con solo dos años de vida, y que devuelve el balonmano de máximo nivel a la ciudad de Valladolid”.

Os gladiadores azuis culminan desta maneira “una temporada excepcional en la que han alcanzado cifras brillantes: en 29 partidos han sumado 27 victorias, un empate y tan solo una sola derrota. 55 puntos totales que han servido a los de Nacho González para conquistar el título de la División de Honor Plata y sellar su ascenso directo”.

Javi Díaz Valladolid

Destacamos da crónica deste encontro a mención ao porteiro do Rosal: “En 15 minutos excepcionales el partido pasó de un 13-15 a un 15-20 que enseñaba el camino al triunfo. Los locales se estrellaron ante los Turrado, Kramarz y un de nuevo brillante Javi Díaz en la portería. [ ] Al final, victoria histórica por 24-29 para el Atlético Valladolid Recoletas”. 

Hai que lembrar que Javi Díaz é máis que unha lenda na ASOBAL. Non en van, o gardarredes rosaleiro estivo 16 temporadas e xogou máis de 450 partidos na élite do balonmán nacional (Academia Octavio, Teucro, Teka Cantabria, Villa de Aranda…)

Javi Díaz

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa Javi! ¡Xa nos dirás cal e o teu segredo para esa eterna xuventude!

¡A disfrutalo, campión!

P.D.: Este é o programa de actividades de celebración previstas do Atlético Valladolid Recoletas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.