Javi Díaz e Dani Cerqueira renovan co Cangas

Javi Díaz e Dani Cerqueira (📸 Balonmán Cangas)

Os xogadores rosaleiros Javi Díaz e Dani Cerqueira, tal e como se vén de anunciar nas redes sociais, seguirán unha tempada máis no Frigoríficos do Morrazo-Balonmán Cangas, que milita na máxima categoría do handball nacional, a ASOBAL.

Se non nos fallan as contas, esta será a 2ª campaña do mítico gardarredes de Fornelos e a 8ª do pivote, gran capitán do equipo e máximo goleador da tempada pasada (89 goles en 30 partidos).

Dani con Javi Díaz en 2012 xogando no Octavio. Hoxe en día o fan de novo no Cangas

No twitter podemos ler con respecto a Dani: “Dani Cerqueira continuará capitaneando o navío do Frigoríficos do Morrazo unha tempada máis. Dende o club estamos moi contentos de que Dani siga defendendo as nosas cores e sendo unha das claves da permanecia en ano tras ano!”

E con respecto a Javi: “Javi Díaz seguirá defendendo a portería de O Gatañal unha tempada máis. O rosaleiro foi unha das claves da tempada en , tras un ano sensacional rematou no Top5 de porteiros con máis paradas (4° con 298). Continuará aportando experiencia ó noso equipo!”

Dani Cerqueira, Javi Díaz e Paulo Dacosta en 2016. (📸 Noticias O Rosal)

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa sincera noraboa, cracks!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.