Javi Díaz, a un paso de volver á Liga ASOBAL

Javi Díaz Valladolid O Rosal
O adestrador Nacho González e o presidente Mario Arranz, franquean a Javi. (Fotos: BM Valladolid)

O gardarredes rosaleiro Javi Díaz, é líder co seu equipo, o Club Balonmano Atlético Valladolid (División de Honor Prata), a falta de cinco xornadas para o final de liga. Tal e como se anuncia dende a web vallisoletana, o último triunfo colócaos nunha “situación inmejorable”, saíndolle as contas xa que “le basta con ganar cuatro partidos para lograr el ascenso a Asobal. Si solo gana tres dependerá de los resultados de sus dos rivales, Bidasoa y Palma del Río”.

Javi, o noso porteirazo do Rosal, tras 450 partidos, 16 tempadas na máxima categoría do balonmán nacional e con 41 anos ás costas, como afirmou o día da súa presentación (na imaxe), segue tendo “a ilusión dun neno”.

¿Teremos Javi Díaz para rato? ¡Dende Noticias O Rosal agardamos que si, polo ben do deporte e do espectáculo do balonmán! ¡Moita sorte campión e a por ese ascenso!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies