Baixomiñotos/as no ‘IV Festival A Candeloria’

Por petición dalgúns dos nosos lectores/as, asiduos a festivais galegos e aínda de ámbito nacional, deixámosvos unha pequena reseña anunciando o vindeiro Festival de A Candeloria ao que asistirán e que sen dúbida trae un cartel para “gozar”, con grupos como Soziedad Alkoholica, Dakidarría, Talco, Lendakaris, etc.

Lugo celebra os días 17 e 18 de febreiro a IV edición de A Candeloria (festa ancestral que nos seus comezos era chamada a Festa da Luz, e celebra o paso do inverno a primavera). Segundo se lembra dende a Organización “queremos, á par de recuperar esta tradición milenaria, situar a Lugo no mapa festivaleiro galego e estatal. Queremos dignificar a cultura galega en xeral, e á música en particular”.

O venres 17 de febreiro, tal e como se pode ler na web, actuarán “Talco, Aspencat, Desakato, Rebeliom do Inframundo, Arrhythmia, Falperrys e Tremenda Jauría” e o sábado 18 o resto dos grupos, é dicir “Soziedad Alkoholika, Gatillazo, Dakidarría, Lendakaris Muertos, DeLombaos, Ruxe-Ruxe, Labregos no Tempo dos Sputniks e Ezetaerre”.

Máis info e entradas, aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies