
Isma Martínez (Cangas, 1983) ex adestrador do Acanor Atlético Novás e actualmente míster do Club Balonmán Porriño vén de proclamarse coa Selección Nacional Júnior Feminina, campión do Trofeo 4 Nacións que se disputou esta fin de semana en Alemaña e que enfrontou a Francia, Portugal, España e ao país anfitrión.

Isma, membro do corpo técnico da Selección Española, estivo acompañado -entre outras- pola xogadora Carme Castro do Porriño e as novas fichaxes do Guardés, Elena Amores e Júlia Nuez.
Dende Noticias O Rosal, os nosos sinceros parabéns, Isma!