Gabriel Marcelli O Rosal
Gabri en acción, baixo a atenta mirada do seu mochilero Casimiro García. Fotos: Trialfotoblog.com

Gabriel Marcelli está feito doutra pasta. O mércores 25 de maio anunciaba que, por mala sorte, se lesionara adestrando, sufrindo “un fuerte desgarro en mi mano derecha”, e vía peligrar “con casi toda seguridad” a súa participación na inmediata cuarta proba do Mundial.

Pois ben, Iron Man Marcelli, unha semana máis tarde, vólvenos a sorprender e confirma que “la lesión de mi dedo progresa y nos vamos a Andorra”. O Campionato do Mundo de Trial agardará, polo tanto e se todo vai ben, ao valente piloto rosaleiro e ao SPEA RFME Júnior Team 2016 en Trial2, nesta competición que se celebrará a vindeira fin de semana (11 e 12 de xuño) en Sant Juliá de Lória, parroquia do principado andorrano.

Toni Bou, campión absoluto en 2015, defenderá o título nunha carreira que se disputará en dúas xornadas, “con 18 zonas en cada una y en las diversas categorías establecidas por la Federación Internacional de Motociclismo (FIM): Trial GP, Trial 2, Trial 125”.

Gabriel Marcelli atópase na clasificación provisional do Mundial TR2 no posto 14º, con 15 puntos, tras rematar terceiro na primeira proba, o GP de Cataluña.

¡Dende Noticias O Rosal, ánimo unha vez máis Gabri e moita sorte, campión!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.