Mar. Ene 31st, 2023

 

Manu Dorna (Cerrajería Vintanox) e Susa Rodríguez (Bar Troya) franquean aos campións, Diego Mariño e Sergio “Demo”

A selección de Inglaterra (Diego Mariño e Sergio Martínez ‘Demo’) vén de proclamarse vencedora do Mundial de Futbolín 2022 que se celebrou esta fin de semana na “catedral” do futbolín baixomiñoto, o mítico Bar Troya de O Rosal.

Zaira Solla (Nenza Xida) entrega un dos premios aos Subcampións, Borja e Sevi
Juan Ramón (Editorial Tamuxe) facendo entrega de camisetas a Iván e Sergio “Trinta”

24 xogadores e 12 equipos (por sorteo-parellas cegas) disputaron un espectacular torneo -con certa similitude e parodiando ao Mundial de Fútbol de Qatar- que contou coa colaboración e patrocinio, ademais do Bar Troya, do Bar-Cafetería Nenza Xida, Cerrajería Vintanox e Librería & Editorial Tamuxe.

Frony, que volveu despois de varios anos ao “terreo de xogo”, con Miri

Borja Senra, con apenas uns meses de experiencia disfrutando do xogo do futbolín, foi elixido Xogador Revelación.

Diego Mariño foi o Pichichi (Máximo Goleador) do torneo con 84 goles.

Pola súa banda, Carlos Álvarez “Sevi” (Campión de España na categoría de Movemento F-2 en 2010) foi, por aclamación, nomeado Mellor Porteiro e Mellor Xogador do Mundial.

 

CLASIFICACIÓN MUNDIAL DE FUTBOLÍN – O ROSAL 2022

1º: Inglaterra (Diego e Demo): 25 puntos.

2º: Francia (Sevi e Borja): 18 puntos.

3º: Brasil (Sergio Trinta e Iván F.): 15 puntos.

4º: Bélgica (Álex e Gabri): 12 puntos.

5º: Alemania (Ruth e Andrés): 10 puntos.

6º: España (Jorge e Juan R.): 8 puntos.

7º: Países Bajos (Bryan e Juan U.): 6 puntos.

8º: Argentina (Coque e Desi): 4 puntos.

9º: Uruguay (Miri e Frony): 2 puntos.

10º: Croacia (Dany e Suso): 1 punto.

11º: Polonia (Iván R. e Iván Cardal): 1 punto.

12º: Marruecos (Marcos e Pexe/Carlos): 1 punto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies