I EDICIÓN DA CARREIRA E DA ANDAINA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO 2014”

O domingo 20 de xullo celebrarase na nosa vila a I edición da carreira e andaina “10K O Rosal. Feira do Viño“, que organizará o Concello en colaboración co Banco Mediolanum e diferentes adegas e entidades da comarca do Baixo Miño.

A carreira estará baixo o apadrinamento e coordinación dos deportistas rosaleiros Serafín Martínez Acevedo e Óscar Vicente Rodríguez, sendo a andaina dirixida polo emprendedor sociocultural Juan Ramón Martínez Barbosa.

As inscricións nestas atractivas actividades (carreira: límite de 621 prazas e a andaina, límite de 100 prazas disponibles) comezará o vindeiro martes 20 de maio e poderanse facer na web Champion Chip Norte.

Velaquí vos deixamos para descargar o Regulamento da carreira e o enlace á Programación da andaina na web 10k O Rosal

Sen dúbida, estes eventos deportivos e turístico-culturais virán a enriquecer o extenso programa de festas que se poderá disfrutar na nosa vila durante a XXII Feira do Viño do Rosal (18, 19 e 20 de xullo).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies