Lun. Oct 3rd, 2022
Ángel, manteado polos seus compañeiros (Fotos: RFGF)

“Un 22 de xuño para a historia. A Selección Galega sub 16 proclamouse campioa de España por primeira vez tras derrotar na gran final a Andalucía (3-1)”. Así comeza a crónica desta insólita vitoria que podemos ler na web da Real Federación Galega de Fútbol.

Os nosos parabéns para Ángel Arcos, futbolista de O Rosal, pertencente ao Real Club Celta de Vigo, que tivo moito que ver no éxito desta Selección Galega.

“E fíxoo ao grande, facendo fronte ás adversidades, remontando nunha segunda parte máxica o tanto inicial do elenco andaluz na primeira e ante unhas 1.000 persoas, que foron as que abarrotaron o campo municipal Manolo Barreiro e levaron polo aire aos nosos cara á gloria.”

“Unha xeración de futbolistas única encabezada polo corpo técnico que lidera David Páez puxo a guinda ao pastel tras completar unha primeira fase en Asturias inmaculada e acceder a semifinais nesta fase final como primeira de grupo. No día D e na hora H, os mozos non fallaron. Sabían que era o seu momento, o seu día. Tiñan unha cita coa historia e foron con todo a por ela”.

Crónica completa aquí.

Galicia: Yago Moreira; Samu Fernández (Hugo Burcio, min. 58), Dani Varela, Jacobo Folgar, Lucas Taibo, Moha, Manu Ferreiro (Adrián Guerrero, min. 49), Mesfin (Dani Estévez, min. 74), Óscar Marcos, Ángel Arcos (Rubén Fernández, min. 58) e Lucas Castro (Cristian Carro, min. 41).

Andalucía: Diego Vicente; Manuel Maza, Izan Merino, Roberto Molina, Ismael Molina, Bakary Sow, Adrián Martín, Adrián Heredia, Alejandro Vergaz, Alejandro Contreras (Christian Muñoz, min. 58) e Iker Villar (Omar Janneh, min. 68).

Árbitro: Daniel Pastoriza Iglesias. Cartón amarelo a Lucas Castro por parte de Galicia e a Izan Merino en Andalucía. Expulsou por dobre amonestación a Bakary Sow.

Goles: 0-1 Adrián Heredia (min. 20). 1-1 Lucas Taibo, de penalti (min. 61). 2-1 Rubén Fernández (min. 71). 3-1 Adrián Guerrero (min. 75).

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies