‘Helen & Shanna’, a conexión psico folk O Rosal-A Guarda-Vigo

Óscar Roal como Helen, guitarras e voz; Alberto Brandon como Shanna, á batería; Álex Penedo como Ivy, ao baixo e teclados e Carlos Souto como Caroline na percusión son os integrantes desta formación que naceu hai case unha década no Rock Guardés da vila do Trega.

Hai uns días estivemos precisamente charlando co artista da Cunchada, Óscar Rodríguez Álvarez, máis coñecido por Óscar Roal, vocalista e fundador da banda xunto co guardés Alberto Brandon, que nos presentaba o seu EP “Tempo”. Por certo, o cantante rosaleiro, como moitos lembraredes, formou parte de grupos como Take Apart, Script, The Oldies ou mesmo The Winning Numbers.

Pois ben, este primeiro traballo autoeditado e en formato físico, “Tempo”, que acaba de cumprir este mes de outubro un ano da súa estrea, nominado a mellor disco autoeditado nos Premios da Música Maketón Maeloc 2019 de Los40 Vigo ou finalista do Queixo Maquetón de Arzúa 2020, conta coa colaboración especial de –entre outros- o músico tamén de O Rosal, Iván Diego –expresidente da Agrupación da vila- á Trompeta.

A portada de “Tempo”, do deseñador Adrián Cao, simboliza os diferentes estados do sol, do día. É un a modo de fronteira, separada ou mesmo unida por un río, tal como se fóra as nosas Galicia e Portugal. Pois Helen and Shanna como recoñecen “case nin diferenciamos. Esa idea de non separarnos por países, culturas, razas… debido á cercanía na que vivimos, nos fai ter unha percepción do mundo más unido”.

Helen and Shanna presenta un verdadeiro e atractivo mosaico de influencias de todos os seus integrantes e incorpora un sonido moito máis elaborado e potente dende o nacemento da banda en 2013. Ademais, a isto se lle une o feito de conxugar catro idiomas diferentes, para cada un dos correspondentes temas: castelán, galego-portugués, francés e inglés.

Helen and Shanna, que teñen tocado antes da omnipresente e dichosa COVID-19, en Madrid, Asturias, Santiago ou Vigo, actuarán o vindeiro venres 6 de novembro en A Guarda, en concreto, no Centro Cultural. Tes máis información nas redes sociais do grupo.

E falando de redes… Helen and Shanna veñen de por banda sonora coa súa canción “Saudades” ao documental “Entre Redes”, un proxecto de Amalia Puga, deseñadora da Guarda, que xunto coa Asociación de Redeiras “Atalaia” da vila mariñeira, busca reivindicar a este colectivo de mulleres dedicadas á confección de redes, incorporándoas no proceso de deseño dun produto.

Confesábanos Amalia hai pouco que a súa ilusión é dar visibilidade a un grupo de artesás que loitan polo futuro e valor do seu oficio, promovendo o traballo colaborativo entre mulleres, e axudando para manter unha tradición viva.

“Saudades”, o segundo tema deste disco “Tempo”, se poderá escoitar este mes, con motivo da II Mostra Internacional de Audiovisuais, pois o documental de Entre redes estréase na plataforma de cinema Filmin, do 19 ao 25 de outubro.

Helen and Shanna (Óscar, Alberto, Álex e Carlos) como eles mesmos afirman, “viven nunha continua viaxe por varios continentes, onde a fusión das culturas xenera paisaxes cheas de cor e sentimentos en diferentes linguas. É folk, psicodelia, worldmusic e amor polos 60 e 70”.

O rosaleiro Óscar Roal, tamén compositor dos temas do grupo, revélanos que lle gusta moito o mar…. e que sobre todo hai un sitio onde a inspiración ao igual que a súa cristalina auga, flúe sen igual, o lugar das Aceñas, en San Miguel de Tabagón.

Helen and Shanna, moi contentos coa repercusión e as vendas de “Tempo” agardan sacar proximamente á luz novo material en formato dixital

Como podes comprobar, en definitiva, os integrantes de Helen and Shanna xogan coa ambiguidade, “de aí o nome da banda, a liberdade de poder ser, elixir, crear, deixar fluír o que levan dentro“. Para eles isto é vital para lograr unha experiencia plena no noso paso pola vida. Eles están “abertos a todo e dispostos a seguir deixándose levar“.

Escoita aquí o podcast sobre Helen & Shanna, que realizamos dende RadiORosal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies