Gran sardiñada, fogueira e festaza en Martín

O barrio de Martín (xuradía de Fornelos) celebrará os vindeiros 23 e 24 de xuño as tradicionais Festas na honra de San Xoán.

Maite, Manuel e Cris, integrantes de “Adredde”

Así, o sábado 23 terá lugar unha “Gran Sardiñada”, amenizada pola Charanga Nova Cubana. A partir das 0:00 horas, “Gran Fogueira de San Xoán”, con verbena a cargo do Trío Adredde.

Riky e Pablo coa imaxe de San Xoán (obra de Félix Gómez Fidalgo). (Foto: Comisión)

O domingo 24, a partir das 10 da mañá, pasarrúas do Grupo de Gaitas Airiños do Folón. Ás 12:00 horas, misa de campaña, cantada polo Coro Ecos do Folón. Xa de tarde, sobre as 17:00 horas, inchables, toro mecánico e “pintacaras” de balde.

A Comisión de Festas de San Xoán comunica que haberá “polbo á feira” e cantina todo o día. O recinto estará cuberto cunha carpa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies