GERA E YEYA PROCLÁMANSE CAMPIÓNS DO IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL 2012


O sábado
6 de outubro celebrouse no Salón de Exposicións Municipal, na Praza do
Calvario, o IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2012,
con motivo do XXV Aniversario da Festa do Cabaqueiro.

Foron
finalmente 26 xogadores (entre eles 6 rapazas) os que competiron neste xa
tradicional torneo de futbolín. Por ser unha efeméride especial (a 25 edición
da Festa na honra dos mestres telleiros) os participantes inscribíronse
individualmente, elixíndose os equipos mediante sorteo. Precisamente, este foi
un dos momentos máis emocionantes e divertidos da xornada.
O
destino quixo que se xuntara a parella formada por Gerardo González Gómez
(Gera) e Sergio Casal Fernández (Yeya), que nunha fantástica final gañaron a
José Ángel Fernández Martínez (Quesy) e Álex Casal Iglesias, proclamándose
desta maneira, campións deste IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros.
O
terceiro posto foi para Gustavo Jurado Fernández e Andrés Martínez Rocha (Pipu)
que venceron no partido de consolación a Jorge Díaz Rocha (Tuka) e Adrián
Maquieira Pereira.
A Organización quere agradecer a Daniel Rodríguez Martínez, Rubén Santos Paz
(Delio) e ao Bar Troya a cesión dos seus futbolíns para que se puidese celebrar
este torneo. Igualmente a Nina López por coordinar e apuntar as partidas na
mesa de control, así como a todas aquelas persoas que fan posible este evento
lúdico, ano tras ano.
O
vindeiro venres 12 de outubro ás 16:30 horas na Praza do Calvario, intres antes
do comezo da lectura do pregón e da demostración cabaqueira de “taxicar cabacas
e toupos a joucha”, procederase á entrega de premios e trofeos deste IV
Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros.
Esta foi
a clasificación final do torneo:
1º: CHIN CHAN CHUN (Gerardo González González e Sergio
Casal Fernández).
2º: LASQUEA LASQUEA (José Ángel Fernández Martínez e Álex
Casal Iglesias).
3º: LOS PEYOTES (Gustavo Jurado Fernández e Andrés
Martínez Rocha).
4º: NEW TEAM (Jorge Díaz Rocha e Adrián Maquieira
Pereira).
5º: DIEVA (Diego Martínez Alonso e Eva Fernández
Vicente).
6º: HOME CLARO (Juan Ramón Martínez e Vanesa Sánchez
Fernández).
7º: LOS INDECISOS (Carlos Díaz Pereira e Ruth Martínez
Barbosa).
8º: GAARA (Sergio Rodríguez Rodríguez e Kevin Carrera
Martínez).
9º: PARECE QUE CHOVE (Ignacio Moure Pérez e Conchi
Barbosa González).
10º: TRAYEITOR (Jorge Silva Álvarez e Rubén Díaz Rocha).
11º: SR. Y SRA. SMITH (Herbert Fuertes Ebol e Usue
Urruela del Piño).
12º: OS AMOCELOS (Santiago González Correa e José Alonso
Álvarez).
13º: OS PECOS (Pedro Fernández Carrera e Rebeca Rodríguez
Rodríguez).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies