Mié. Dic 7th, 2022

Informa: Acanor Atlético Novás

• Kevin García e Germán Hermida, convocados para o partido contra Xapón (8/01, 18 h, O Rosal)

• O técnico do Acanor, Ismael Martínez, será o axudante de Víctor García “Pillo” no amigable.

O Acanor Atlético Novás estará moi ben representado no amigable que o vindeiro domingo 8 de xaneiro disputarán as seleccións absolutas masculinas de Galicia e Xapón no Pavillón Municipal de O Rosal (18 horas).

O adestrador do Frigoríficos do Morrazo – Balonmán Cangas Víctor García “Pillo” será o encargado de dirixir ao combinado autonómico na cita internacional e foi quen de incluir na convocatoria ao porteiro do Novás Kevin García e ao extremo dereito Germán Hermida. Como axudante, estará o técnico Ismael Martínez.

Antes de chegar á localidade rosaleira, Galicia disputará outro partido de preparación co conxunto nipón -entrenado polo español Antonio C. Ortega- o sábado en Bueu. Aproveitando este dobre escenario, Pillo quixo contar cun nutrido e variado grupo de xogadores para que o balonmán galego conte coa mellor representación posible.

Ata Bueu non chegará o Acanor Novás, pero si que se escoitará acento rosaleiro. O cancerbeiro Javi Díaz -Atl. Valladolid- xogará con Galicia ambos encontros. Xa o domingo en O Rosal, o Novás estará representado na pista e na banqueta. Completará o corpo técnico Ismael Martínez, que desde decembro dirixe ao Acanor en Primeira Estatal.

Entre os elixidos, dous bos coñecedores da afección do Baixo Miño: o porteiro Kevin García e o extremo zurdo Germán Hermida. Ademais de por Díaz, O Rosal estará representado tamén polo extremo esquerdo Paulo Dacosta, que viste por segunda temporada consecutiva a camiseta do Frigoríficos do Morrazo, e polo seu compañeiro de equipo o pivote Dani Cerqueira.

A convocatoria queda conformada deste xeito por catorce xogadores: Javi Díaz e Víctor Rodríguez (Valladolid), Roberto Sánchez (Villa de Aranda), David Chapela e Álex Chan (Cisne), Serafín Pousada, Rubén Soliño, Dani Cerqueira, Pablo Castro, Paulo Dacosta e Alejandro Pombo (Bm. Cangas), Kevin García e Germán Hermida (Novás), Roberto Álvarez (Lalín) e Pablo Vidal (Chapela).

Pola súa banda, o conxunto nipón disputará varios encontros de carácter amigable estes primeiros días do 2017 como preparación para o Campionato do Mundo de Francia, que se celebra do 11 ao 29 de xaneiro. Despois de visitar Bueu e O Rosal, os de Antonio C. Ortega xogarán en Pontevedra contra a S.D Teucro. A falta de que Antonio C. Ortega defina o grupo final, ademais da presencia do español, destaca a convocatoria inicial do xogador do Ángel Ximénez Atsushi Mekaru.

Despois de visitar Galicia, Xapón afrontará o difícil reto de competir no Mundial de Francia. Os de Ortega, no grupo A, disputarán en Nantes a primeira fase xunto coa selección anfitrioa, Noruega, Rusia, Polonia e Brasil.

150 deportistas participarán no VI Trofeo de Nadal

Se o domingo as categorías absolutas centrarán a atención, a base será a protagonista indiscutible o sábado. A pista do Municipal de O Rosal acollerá a sexta edición do Trofeo de Nadal do Acanor Atl. Novás. Durante seis horas (de 10 a 16 h), ao redor de 150 deportistas -que representarán ao club organizador, ao Mecalia Atl. Guardés e ao Balonmano Tui desde benxamines ata cadetes-, competirán nunha das citas máis arraigadas do periodo navideño no Baixo Miño.

Por último, adiantar que o Acanor Atl. Novás traballa na organización e planificación de actividades complementarias ao torneo e ao Galicia-Japón que se concretarán nos días próximos.

*Listaxe provisional de 28 xogadores de Xapón: Toru Takeda (LI, Toyoda Gosei), Kairi Kochi (LD, Toyota Audi Body), Takashi Kato (PV, Daido Steel), Jin Watanabe (ED, Toyoda Audi Body), Jun Mori (PV, Osaki Electric), Daichi Komuro (PV, Osaki Electric), Masatake Kimura, (PT, Osaki Electric), Kenya Kasahara (LI, Toyoda Auto Body), Akio Hashimoto (PV, Toyoda Gosei), Kento Uegaki (CT, Osaki Electric), Shinnosuke Tokuda (LD, University of Tsukuba), Shoichiro Sakai (PV, Toyota Boshoku Kyushu), Akihito Kai (PT, Toyota Auto Body), Toshiya Yamada (LD, Toyota Motor East Japan), Goki Koshio (EI, Toyoda Gosei), Hiroki Shida (LI, Osaki Electric), Hiroki Motoki (ED, Osaki Electric), Yuki Kubo (PV, Daido Steel), Hiroyasu Tamakawa (PV, Wakunagu Phamaceutical), Yuto Agarie (CT, Daido Steel), Kohei Narita (LI, Wakanagu Phamaceutical), Atsushi Mekaru (CT, Ángel Ximenez Puente Genil), Remi Anri Doi (EI, Chámbery), Takayuki Shimuzu (PT, Wakunaga Phamaceutical), Hiroki Tokimura (LI, Osaki Electric), Junki Fujimoto (EI, Toyota Auto Body), Naotsugu Demura (ED, Toyoda Gosei), Kotaro Mizumachi (LI, Nihon University).

Ficha Xapón: http://www.francehandball2017.com/fr/team/equipe-japon/

Palmarés e información: http://www.ihf.info/en-us/mediacentre/news/newsdetails.aspx?ID=4705

Información FGBM: http://www.fgbalonman.com/noticias.asp?id=12407

Convocatoria completa para O Rosal: http://www.fgbalonman.com/upload/O%20ROSAL.pdf 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies