📸 José Arcos / U.D. Ribera / R.C. Celta
Segundo comunica a U.D. Ribera nas redes sociais, o futbolista rosaleiro Ángel Arcos Cadilla (integrante do equipo infantil) vén de ser convocado para xogar un partido amistoso coa Selección Galega Sub-14, mañá mércores 26 de febreiro.
Hai que lembrar que Ángel naceu o 18 de abril de 2006 en Pías (San Miguel de Tabagón). Como curiosidade, na U.D. Ribera, no seu ano en pre-benxamíns meteu nada máis e nada menos que 152 goles. A actuación desa tempada motivou que o R.C. Celta de Vigo quixera contar cos seus servizos, cousa que non ocorrería ata varios anos máis tarde.
Xa en alevín de segundo ano ficha polo Celta, sendo elixido -entre outros méritos- Mellor xogador da Vigo-Cup (2016) ou Mellor xogador do Torneo Internacional Pinares-Cup (Zaragoza, 2017), un evento que reúne as mellores canteiras de España.
¡Dende Noticias O Rosal a nosa noraboa, disfruta da experiencia e moita sorte, Ángel!