Gabriel Marcelli disputa en Italia o Mundial

Gabriel Marcelli. Foto Ulster Trials
Foto: Ulster Trials / Marcelli

Gabriel Marcelli afrontará os días 3 e 4 de setembro en Pietro Mussolino (Vicenza-Italia) a última proba do Campionato do Mundo de Trial 2 deste ano 2016.

O piloto do Rosal e o seu mochileiro, Casimiro García, xa se atopan en Barcelona, onde se unirán ao resto do equipo SPEA RFME, para dende alí viaxar a terras italianas, nunha xornada dobre onde se darán cita as categorías masculinas e femininas.

Gabriel Marcelli clasificación mundial trial

A falta desta derradeira competición, Gabriel Marcelli atópase na posición 13º do Mundo, dun total de 33 participantes, tras conseguir puntuar nos Gran Premios de España, Francia, Bélxica e Gran Bretaña.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa Gabri por esta primeira experiencia cos mellores trialeiros do planeta e moita sorte por Italia!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies