Festival Solidario pola Paz no Auditorio do Rosal a favor de Conrazones



Informa: Agrupación Musical do Rosal
A Agrupación Musical do Rosal convídalles a asistir ao Festival Solidario pola Paz que terá lugar este domingo día 1 de febreiro ás 18,00 h. no Auditorio do Rosal. A Agrupación organiza este acto con motivo da celebración do “Día Escolar da non violencia e da paz” que se conmemora todos os 31 de xaneiro.

Ademais o acto será por unha causa benéfica xa que o lema do festival é “1 kg. de alimentos por unha entrada”. Pedímoslle ao público que asista que traia 1 kg. de alimentos non perecedeiros que serán destinados á asociación Conrazones que axuda a máis de 90 familias do Baixo Miño, e que está realizando unha gran labor (os alimentos que máis necesitan son leite, cacao e galletas).

No festival participarán de maneira totalmente solidaria e gratuíta os grupos Airiños Novos de Pinzás, o dúo Cuarto Izquierda, Xamaraina (baile moderno), o cantautor Tino Baz e os Coros da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Non vos perdades esta cita, é por unha boa causa!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies