Festival de Bandas Infantís e Xuvenís en O Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal.

De novo esta fin de semana temos un novo acto na Agrupación Musical do Rosal. Desta volta os protagonistas serán os máis pequenos, cunha nova edición do Festival de Bandas de Música Infantís e Xuvenís. Será o sábado 13 de maio ás 19,00 h no Auditorio do Rosal.

Ademais na da nosa “Minibanda” e da Banda Infantil, que serán as anfitrionas, participarán a Banda Xuvenil de Silleda e a Banda Xuvenil de Merza.

Será unha tarde inesquecible para todos nós xa que teremos o pracer de contar no noso concello con esta nova canteira de músicos, de tres das bandas con máis tradición musical de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies