Festas do Monte 2008 e a súa típica “troulada”. 95 anos de historia e de romaría

Vista da romaría deste ano 2008 dende o Pico do Facho
Miles de persoas déronse cita este domingo 10 de agosto no monte de Santa Trega na Guarda para disfrutar dun día de lecer e de xuntanza coa familia e os amigos. Ante a diferente e variada información xornalística en torno a esta festa, e a fin de que non se repitan erros recentes e se afirme que “os seus inicios se descoñecen” lembramos que esta romaría creouse en 1913 e por iniciativa de Constantino Candeira, oriundo de Celeiros (Ponteareas) e afincado na Vila da Guarda. O motivo da creación desta festa foi conmemorar o I aniversario da fundación da “Sociedad Pro-Monte Santa Tecla“. En palabras do historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez na recente revista En el Punto de A Guarda: “Pero además de la carretera y acondicionamiento de la cima, la repoblación y la explotación de los yacimientos arqueológicos, en el año 1913 la Pro-Monte celebró la primera fiesta conmemorativa de su fundación, que al convertirla en romería popular adquirió personalidad propia y se convirtió en una de las tradiciones más famosas de la villa de A Guarda: su fiesta del monte”. En principio asistían só os familiares dos membros de dita sociedade, pero por suposto, diante da súa boa acollida, comezaron a subir ao Monte os veciños da Guarda, O Rosal e arredores. Hoxe en día a romaría transformouse en “troulada”, onde o viño e os “alegretes” teñen o seu protagonismo, pero isto non quere dicir que sexa a “Festa de Baco”, “Festa do Viño” ou “Festa da Borracheira” como en certos medios de comunicación queren facer ver. A piques de cumprir o I centenario da súa creación, as Festas do Monte seguen sendo un referente no Baixo Miño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies