Festas de San Isidro en O Rosal (18 e 19 de maio)

O Rosal celebrará os vindeiros días 18 e 19 de maio a festividade de San Isidro, patrono dos agricultores.

O sábado 18, a partir das 21:00 horas, verbena coa orquestra Saudade e o grupo Quien lo diría, “prolongándose ata altas horas da madrugada”.

O domingo 19, ás 10 da mañá, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Boalleira. Ás 12, misa solemne con sermón e procesión cantada polo coro Ecos do Folón. Xa de tarde, actuación do grupo Mar da Rosa. Ás 20:00 horas, Gran Subasta de produtos típicos da terra.

A Comisión de Festas anuncia que o recinto estará cuberto.  

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.