Organizado pola ANPA, o vindeiro domingo 12 de xuño, terá lugar a Festa Fin de curso do C.P.I. Manuel Suárez Marquier de O Rosal.
O evento realizarase dende as 13:30 ata as 19:00 horas, coa colaboración do concello do Rosal, a U.D. Ribera, ou mesmo as Comunidades de Montes de Santa Mariña e de Tabagón.
Haberá churrascada, xogos populares, sorteos, deporte e moitas máis actividades.
Se precisas máis información ou queres apuntarte podes chamar aos teléfonos que aparecen no cartel desta noticia.