
A XXIV edición da Feira do Viño do Rosal, declarada este ano, Festa de Interese Turístico Galego, celebrarase do 15 ao 17 de xullo na Praza do Calvario.
Este venres 15 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a inauguración, a cargo do presidente da Xunta de Galicia. Velaquí vos deixamos o programa completo de actividades e festexos:
PROGRAMA DA FEIRA 2016
Venres, 15 de xullo
20.00 Inauguración a cargo do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
20.10 Lectura do pregón a cargo do comentarista gastronómico José María Toro
20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal
22.00 Actuación da Charanga Cantos Somos
02:00 Peche da Feira
Sábado, 16 de xullo
11:00 Carreira de nenos
19:00 Actuación do Grupo de Folk Lareira
21.00 Presentación do Acanor Atlético Novás.
21:30 Actuación da Charanga Vai de Baile
02:00 Peche da Feira
Domingo, 17 de xullo
10:30 Andaina 10k
11:00 Carreira 10K
20:30 Actuación da Charanga Moita Marcha
24:00 Clausura da Feira