Fanny Pose, de O Rosal, Campiona de Galicia

A rosaleira Fanny Pose Vicente, recén chegada de Inglaterra, proclámase Campiona Galega Absoluta na remuda de 4×50 estilos feminino e ademais consegue a Medalla de Ouro nos 50 metros braza en Santiago de Compostela.

Fanny coa súa medalla de Campiona Galega. (Fotos: F.P.)

Segundo conta a Noticias O Rosal a deportista Fanny Pose Vicente (1987), recén chegada de Inglaterra, participou no Campionato Galego Absoluto Open de Natación disputado en Santiago de Compostela os días 28, 29 e 30 de decembro representando ao recoñecido Club Fluvial de Lugo.

Fanny proclamouse Campiona Galega na remuda de 4×50 estilos feminino. Onte, domingo, a rosaleira logrou ademais a Medalla de Ouro nos 50 metros braza feminino e desta forma consegue o pase para o Campionato Absoluto de España que se disputará en Sabadell (Barcelona) en abril.

¡A nosa sincera noraboa, Fanny e benvida a túa terriña! 😉

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies