Exquisito “polbo á feira” en O Rosal e A Guarda

Os irmáns rosaleiros Dani e Sergio Rodríguez Rodríguez, xerentes -respectivamente- do Val Rosal Trintiña e do Bodegón Os Seixiños, unen por vez primeira os seus locais nun mesmo evento gastronómico e ofertarán o exquisito “polbo á feira” de O Carballiño a todos os seus asiduos e amigos/as.

Este domingo 21 de maio, a parella Dani Rodríguez e Celia Carrera, do Val Rosal Trintiña, volverá a ter á Pulpería Ruzo no seu establecemento, desta vez, con motivo das tradicionais Festas de San Isidro, O Rosal 2017.

Dani, Celia e Sergio, promotores deste evento gastronómico en O Rosal e A Guarda

Pola súa banda, Sergio Rodríguez, do Bodegón Os Seixiños “O Bar do Trinta” de A Gándara (A Guarda), ofrecerá o domingo 4 de xuño aos seus clientes e veciños/as “un polbo á feira para esquecer ou celebrar o resultado da Final de Champions League do día anterior entre a Juventus e o Real Madrid“.

Segundo reza o cartel anunciador que nos foi remitido a Noticias O Rosal, servirase nos días indicados o “pulpo” dende as 10:00 ás 15:00 horas, podendo realizar pedidos de tapas “para levar” nos teléfonos 616 723 530 (Val Rosal) e 986 61 01 39 (Seixiños).

Comparte este post publicamente desde o noso perfil en facebook e entrarás no sorteo de 2 tapas de “polbo á feira”, unha no Val Rosal e outra no Bodegón Os Seixiños!

¡Noraboa por este tipo de iniciativas populares e… que aproveite! 🐙😉

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies