Mié. Dic 7th, 2022
O pasado xoves 12 de novembro tivo lugar no restaurante Siete Torres da cidade olívica un evento organizado polo banco Fibanc-Mediolanum ao que asistiron os ciclistas profesionais do Xacobeo Galicia, Serafín Martínez Acevedo e Gustavo César Veloso.

O acto central desta velada foi a entrega do maillot da combinada que obtivo o rosaleiro Serafín Martínez na “Vuelta a España” á súa consultora financeira persoal, Ángeles Franco.
Lembramos que Serafín contou nesta rolda ciclista co patrocinio de Fibanc-Mediolanum, banco especializa-
do na xestión do aforro e os servizos bancarios das familias, filial en España do Grupo Mediolanum, un dos primeiros 50 bancos europeos. Un dos seus carteis xigantes da autoría de Carlos Treinta co logotipo “Segue o Diario de Sera en Noticiasorosal” aínda se pode ver a día de hoxe en Goián, tal e como lembrou Ángeles Franco na súa intervención.
Neste interesante encontro tamén participou o seu compañeiro de habitación e gañador dunha etapa na “Vuelta a España”, Gustavo César Veloso, quen igualmente agradeceu ao banco a súa colaboración, contando varias anécdotas que fixeron as delicias do numeroso público que ateigaba as instalacións do coñecido restaurante vigués.
O conselleiro delegado de Fibanc-Mediolanum, o italiano Vittorio Colussi, presentou nunha pequena charla os principais datos da entidade e entregoulle a Serafín Martínez unha praca conmemorativa de recordo. Despois desta intervención tomou a palabra Dositeo Amoedo, responsable de Fibanc en Galicia, quen convidou a coñecer este banco e ao igual que o Sr. Colussi subraiou a importancia de que todos os galegos dispoñan dun asesor financeiro persoal, que lles axude a xestionar con tranquilidade e profesionalidade os seus aforros.
Ao final do acto as máis de 300 persoas asistentes, entre as que se atopaban representantes de asociacións, institucións e mesmo deportistas, foron invitadas pola entidade Fibanc-Mediolanum a un aperitivo nun dos salóns dese mesmo restaurante. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe.
Un comentario en «Estivemos con Serafín Martínez e Gustavo César Veloso en Vigo nun acto de Fibanc-Mediolanum»
  1. Vaia dous cracks! o Xacobeo fixo o correcto con vós, noraboa!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies