A tradicional Romaría de San Martiño, unha das poucas romarías que aínda perduran no Baixo Miño e que se remonta, cando menos ao século XVIII, celebrarase este 2022 en O Rosal o vindeiro domingo 4 de decembro, logo de varias fins de semana de choiva.
Segundo se pode ler no cartel anunciador que nos vén de ceder a Organización, o venres 11 de novembro tivo lugar a misa ás 18:30 horas na igrexa parroquial de Santa Mariña.
Xa o domingo 4 de decembro, ás 10:30 horas, saída do Santo en procesión ata a súa ermida*, no Campo do Couto, onde ás 12:00 horas, se oficiará unha misa solemne con sermón.
A Romaría, como é habitual, estará animada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal.
Se o tempo non acompaña (que parece ser que si), os actos trasladaríanse ao domingo 11 de decembro.
*A capela de San Martiño é do século XVI e pertenceu aos monxes de Santa María a Real de Oia. Este santo é avogado da curación das verrugas (espullas). Entre as ofrendas máis típicas que se lle fan a San Martiño están as tellas, cera e aceite.