Espectacular “finde” de Sera Martínez e Rober Portela

Asistindo en A Guarda á presentación dos dous eventos deportivos. (📸 J.R./Noticias O Rosal)

Fin de semana axetreada deportivamente falando na vila da Guarda para os rosaleiros Serafín Martínez Acevedo e Roberto Portela Vieira, organizadores -respectivamente- do VI Trail do Trega e da Carreira de Vellas Glorias do Ciclismo 2019

O deportista rosaleiro Seve, a bo ritmo e coa Citania ao fondo, subindo o Trega. (📸 Pablo Saa).

Segundo nos informan dende o Departamento de Comunicación e Prensa guardés os dous eventos foron un auténtico éxito (máis de 500 participantes entre “trailer@s” e ciclistas). Destacar a presenza de multitude de deportistas do Baixo Miño e, como non, de O Rosal.

O rosaleiro Eloy Otero (ex-campión de Galicia) recollendo o seu premio no evento “Vellas Glorias”. (📸 Concello da Guarda)

Precisamente os ex-ciclistas profesionais da vila, Serafín Martínez (máster 30) e Gustavo Otero (máster 40) gañaron nas súas respectivas categorías. ¡Dende Noticias O Rosal, a nosa sincera noraboa!

Máis información destes dous acontecementos na web do Concello da Guarda.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies