A revista Cultura Baixomiñota publica o seu terceiro número

O número 3 da revista Cultura Baixomiñota correspondente ao mes de setembro xa está na rúa. Dirixida por Enrique Álvarez e contando na redacción con Beti Rey e Juan Ramón Martínez Barbosa, realízase nesta ocasión unha reportaxe co título Achégase a vendima onde se fala do viño do Rosal que “é sinónimo de calidade e excelencia”. Por suposto a axenda cultural, turística e de ocio deste mes no Baixo Miño está reflectida nas súas páxinas. A sección de Gastronomía está dedicada ao restaurante “Casa da Pintora” de cociña tradicional. En canto á reportaxe Escapada, os protagonistas -con máis de media ducia de fotografías a toda cor- son os Muíños do Folón e Picón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies