ERIC BARCELÓ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE JUDO

Eric, de azul, no máis alto do podium
O rosaleiro Eric Barceló Rodríguez, pertencente ao club Do-Majo da Guarda, vén de conseguir a medalla de ouro no XV Gran Premio Internacional de Judo – 1ª Copa de España Cadete de Judo que se celebrou o pasado 9 de outubro en Vigo.

O evento contou coa participación de cinco países e doce comunidades autónomas baixo a organización da Federación Galega de Judo, o patrocinio do Concello de Vigo e a Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración de Caixanova, Faro de Vigo e Begano Coca Cola.

Eric gañou todos os seis combates por IPON, que é a puntuación máxima, quedando así primeiro no ranking nacional e con opcións para acceder a competicións internacionais.

No currículum do rosaleiro están -entre outros títulos e distincións- as medallas de ouro no Campionato Provincial do ano 2009 e 2010, Campión de Galicia no 2009 e Subcampión galego no 2010. Ademais foi quinto clasificado no Campionato de España do ano pasado ou Campión do trofeo Liceo La Paz da Coruña.

Actualmente atópase estudando no Centro de Tecnificación de Pontevedra, preparándose para vindeiras competicións.

Dende Noticias O Rosal dámoslle a noraboa e desexámoslle moitos éxitos para o futuro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies