Entrevista a Gabriel Marcelli, piloto do Rosal

Hoxe en NOTICIAS O ROSAL, entrevistamos ao piloto rosaleiro de Trial, Gabriel Marcelli Carballido (Honda-Montesa), que esta tempada que chega ao seu fin, disputou por primeira vez o Campionato do Mundo, está dándoo todo nun competido Campionato de España e domina ata o de agora, o Campionato Galego.

gabriel-marcelli-carballido-7
Fotos: cortesía de Gabriel Marcelli Carballido

Gabriel Marcelli, a pesar de ter tan só 16 anos, conta cun envexable e incrible palmarés neste deporte do motor, pois gañou 6 títulos de Campión Galego (o último en categoría absoluta) e foi 4 veces Campión de España de Trial.

-Gabri, ao final remataches no “TOP 15” do Mundo en Trial2. ¿Como foi esta primeira experiencia internacional, tanto a nivel persoal en Honda-Montesa como no equipo da SPEA-RFME?

Para ser o primeiro ano que disputo o Mundial, o resultado e as sensacións foron positivas. É un Campionato onde corren moitos pilotos (sobre uns 60 en total) e onde resulta bastante difícil coller puntos nas probas. En canto a Honda-Montesa e o equipo SPEA-RFME teño que dicir que estou moi contento de poder confiar e colaborar con eles. Sen este equipo todo isto sería imposible.

clasificacion-gabriel-marcelli-trial2

-¿Que tal, como vas no Campionato de España deste ano? Na túa última proba en Valdemanco (Madrid) un cuarto posto. ¿Queda alguha proba máis?

Este ano o Campionato de España está moi reñido e casi todos os seus participantes andan moi ben e loitan polas primeiras posicións. Estamos moi igualados (vou 5º na xeral, empatado co 4º clasificado a 91 puntos). Nesta última carreira quedámonos os catro primeiros en 9 puntos de diferencia. Eu, a tan só 4 do podium, que é unha cifra moi pequena. Isto demostra a rivalidade que hai no Campionato. Aínda queda unha proba máis, a última, en Antas (Almería), onde tratarei de conseguir o podium.

-¿E no Campionato Galego de Trial, ben non?
Si, no Campionato Galego de Trial vou líder. Queda unha carreira en Teo (A Coruña) e tratarei de ir a por outra vitoria.

gabriel-marcelli-carballido-1

-Casimiro García (na imaxe, sobre estas liñas, con Gabri) acaba de anunciar que deixará de ser o teu mochileiro.
Pois si. Despois dun ano de colaboración, ten outros proxectos de cara á tempada que vén e como eu me marcharei para Cataluña, empezarei a traballar con alguén de alí. Para esta última carreira do Campionato de España en Almería, Casimiro nos comunicou que tiña un compromiso familiar importante que non podía eludir, entón xa contarei con Marc Freixa (probador do equipo HRC Honda) como mochileiro.

-¿Cales son os teus obxectivos a curto prazo, que tes pensado facer? ¿Ou estás coa mente xa na tempada que vén?
A verdade é que si, teño a mente xa na tempada que vén, porque como dixen, en principio irei a vivir para o ano a Cataluña, que é onde está a “meca” deste deporte. ¿Obxectivos? Tratar de aprender e mellorar todo o posible. A tempada que vén repetirei no Campionato do Mundo e no de España, así que intentarei conseguir unha mellor posición en ambos.

gabriel-marcelli-carballido-5
Gabri, adestrando co seu pai e mentor, José María Marcelli

-Graciñas Gabri por conceder a NOTICIAS O ROSAL esta pequena entrevista e moita sorte para este tramo final. ¿Algo que queiras engadir para rematar?

Pois dende aquí novamente os meus agradecementos a todos/as, en especial a Honda-Montesa e á Federación Española de Motociclismo. Grazas tamén aos meus patrocinadores persoais, como son Insuabox, Rodamoto, Talleres Cunchada, Panadería Manuel López, Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal e o Club Motociclista Teo. Por suposto, unha mención especial aos amigos de O Rosal que me axudan durante a tempada. ¡Espero contar con todos eles para o ano que vén!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies