Encontro Musical Internacional en O Rosal

Jan Cober. (Fotos: Alchetron)

Informa: Agrupación Musical do Rosal

Esta fin de semana o pobo do Rosal e a súa banda reciben a visita da Academia Europeia de Direçao de Banda. Neste sétimo encontro do curso lectivo 2016/2017 a academia elixe a nosa agrupación para realizar as prácticas dos seus alumnos, por segundo ano consecutivo.

O encontro que se realizará os días 7, 8 e 9 de abril estará a cargo do recoñecido mestre holandés Jan Cober, un dos nomes máis importantes na actualidade na área da música para banda a nivel mundial, que impartirá clases de dirección de banda.

Ademais contarase con Toni Cantal, que se encargará das clases de análise, orquestración, e educación auditiva. Visitarán as nosas instalacións arredor de 25 directores da xeografía galega e portuguesa que abordarán durante o encontro música de compositores contemporáneos, coas obras Celtic Child de Bert Appermont e October de Eric Whitacre.

Os ensaios de prácticas coa banda serán abertos ao público e realizaranse no Auditorio do Rosal, de 22:00 a 00:00 horas o venres día 7, e en horario de 16:00 a 19,00 horas, o sábado día 8.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies