‘Eldeldron’, un rosaleiro que voa por Galicia

Segundo podemos ler nas redes sociais, o piloto rosaleiro de drons, Gustavo Jurado Fernández, vén de crear a páxina web ‘Eldeldron’: “fotografía y vídeo no convencional (aéreo, subacuático, 360 VR, 3D, tours virtuales)”.

O noso veciño de adopción (leva máis de 20 anos en O Rosal) é un dos poucos operadores de aeronaves habilitados legalmente en Pontevedra na “Agencia Estatal de Seguridad Aérea” (AESA).

Imaxe #senfiltros realizada por ‘Eldeldron’ da desembocadura do Miño

Gustavo Jurado é o autor, entre outros, do vídeo-trailer promocional “O Rosal dende o aire. Un paraíso natural” que saíu á luz o pasado mes de xullo. Pero ademais de cinematografía e artes audiovisuais, tamén se dedica a ofrecer solucións profesionais con dron por toda Galicia e mesmo produción, edición e montaxe de curtas e documentais.

¡Dende Noticias O Rosal, desexámoslle a Gustavo e a ‘Eldeldron‘ moita sorte no seu futuro profesional!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies