Destacada actuación dun equipo do Rosal no Máster Fisterra de Futbolín 2016 en Padrón

Futbolín O Rosalweb
Fotos: Futbolines Fisterra/Noticias O Rosal

Dous equipos do Baixo Miño (Sergio-Juan e Felipe-Tamara) disputaron esta fin de semana nos salóns do Hotel Scala de Padrón (A Coruña) o II Máster Fisterra de Futbolín, modalidade “parado” da CNF (Competición Nacional de Futbolín).

Felipe Tamara futbolín O Rosal web

Esta foi a primeira participación nun campionato destas características para Felipe (O Rosal) e Tamara (A Guarda), onde participaron preto de 50 conxuntos e 100 xogadores de toda España.

Master Fisterra web

Pola súa banda, o equipo do Rosal formado por Sergio e Juan, fixeron tamén o seu debut oficial xuntos finalizando nunha meritoria 6º posición na Primeira categoría.

Master Fisterra Futbolín O Rosal web

Os nosos veciños estiveron a piques de acceder ás semifinais dun torneo con modelo novo de “matraquinho” e no que participaron moitos campións de España, entre eles José Meizoso, Ángel Castiñeira ou mesmo o gañador, Guille Somoza.

Podio parado Master Fisterra

1ª Categoría

1º…….GUILLE – JAUMA

2º…….CASTIÑEIRA – MEIZOSO

3º…….MANU – VÍCTOR

6º…….SERGIO-JUAN

Master Futbolín Fisterra 2016 Sergio-Juan web

2ª Categoría

1º……DANI – ALEX

2º……MIGUELÓN – RONDO

3º……NACHO – JANDRO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies