
Debut de Charly “Spartan” López no boxeo profesional
Achegámonos esta mañá ata o ximnasio MEGA Sport Center de O Rosal para charlar co seu novo monitor, Carlos López Pereira, máis coñecido por Charly ‘The Spartan’ López.
O deportista goianés vén de fichar en febreiro polo gym da vila, onde xa ofrece adestramentos e preparación física/técnica para deportes de contacto e preparación física en xeral.
Charly López, ademais, tal e como se ten anunciado, debutará no mundo do boxeo profesional o vindeiro sábado 21 de marzo en Goián (Tomiño) nunha velada que foi bautizada como o “Comezo da Lenda”. Dende hoxe, as entradas anticipadas están xa á venda a un prezo de 10 € (en taquilla, 15 €).
⚠ ⚠ APRAZADA ⚠ ⚠ COMUNICADO DE CHARLY ‘SPARTAN’ LÓPEZ (10-3-2021)
➡️ “Por orden do CONSELLO SUPERIOR DE DEPORTES e porque cremos que a cousa NON ESTÁ PARA BROMAS a nosa velada queda aprazada ata nova fecha posible, que esperemos poida ser canto antes.
➡️ Daremos máis info e detalles en canto nos sexa posible.
Gracias a todxs de anteman pola comprensión”.
Cóntanos Charly (Goián, 22-4-1988) que comezou a practicar deportes de contacto en 2006 e que debutou en competición en 2009, na modalidade Full Contact. Catorce anos despois ten practicado tamén Kick Boxing, K1, Thai Boxing, Muay Thai e, como non, Boxeo.
Non en van, o noso veciño pode presumir dun extenso e exitoso currículum deportivo:
🥇🥇 Campión Galego de Full Contact en 2009 e 2010.
🥈 Medalla de prata no Campionato Nacional de Kick Boxin en 2011 e 2015.
🥇🥇 Campión Galego de Kick Boxing en 2012 e 2018.
🥇 Campión do Torneo Internacional Marina d’Or de Kick Boxing en K1 en 2015.
🥇🥇🥇 Campión Galego de Boxeo, de forma consecutiva, os tres últimos anos (2017, 2018 e 2019)
🥉 Medalla de bronce no Campionato Nacional de Boxeo (2019).
🥈 Subcampión do Torneo Internacional Odivelas Box Cup en 2019.
Charly López confésanos que se atopa “fisicamente moi ben” para afrontar esa data tan sinalada na súa vila natal e ante o seu público. “O día 21 teremos como novidade, de teloneiros, facendo adestramentos de boxeo, aos máis xoves e aos máis veteranos do noso club, o ‘Spartan Team’. Ademais -sinala- disfrutaremos dunha velada na que contaremos con sete combates de boxeo olímpico e para fechar o evento, o meu debut profesional no peso superwélter (70 kg)”.
“Quero agradecer ao Concello de Tomiño a súa colaboración e involucración. A Gimnasio Mega, a Zona de Obra… en definitiva, a todos os establecementos que están no cartel. Estou tremendamente agradecido xa que son fundamentais para realizar este tipo de eventos nestes deportes minoritarios”, recoñece o deportista de Goián.
¡Dende Noticias O Rosal graciñas Charly por concedernos esta pequena entrevista e desexámoste moita sorte para o teu debut profesional. A por todas, crack 🥊🥊!