David Lechuga, toda unha vida no Atl. Novás

David Lechuga Novás2 (5)

Segundo anuncia o Acanor Atlético Novás que preside Andrés Senra “o do sábado foi un partido moi especial, xa que probablemente sexa o último dun dos líderes deste proxecto, un xogador que leva dende que naceu cun balón nas súas mans.

Lechuga

David Lechuga, nado en O Rosal fai 31 anos, non xogará no que resta de tempada. Unha oferta laboral fai que, contra a súa vontade, teña que facer as maletas e abandonar a súa terra e o club dos seus amores.

????????????????????????????????????

Non só o botarán en falta os seus compañeiros e afeccionados, senón tamén a parte máis importante do Acanor Atlético Novás, a base, onde estaba a realizar unha gran labor dende hai varios anos.

David Lechuga Novás2 (3)

A rapidez coa que se tramitaron as xestións impide que este bravo extremo esquerdo non teña oportunidade de despedirse como merece, na nosa cancha.

David Lechuga Acanor Atlético Novás

Dende o Acanor deséxanlle “moita sorte David” e lémbranlle que “sabes que as portas sempre as terás abertas”. Igualmente, o técnico local, ‘Jota’ deixou unhas bonitas verbas a modo de despedida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies