Os nosos amigos Dani Rodríguez e Celia Carrera veñen de comunicar en redes sociais que “el sábado 24 a las 3 de la tarde se cerrará nuestra etapa en el Skape 30. El lunes 3 de octubre abrirá con nueva gerencia y nuevas cosas que iremos anunciando. Ante todo dar las gracias a todos los clientes que han pasado por nuestro local, de los cuales nos llevamos grandes amistades. Un saludo y nos vemos en los bares”.
Dani e Celia, impulsores de infinidade de actividades lúdico-culturais en O Rosal pechan desta maneira unha curiosa andaina que comezou, en primeiro lugar o 12 de febreiro de 2016 coa apertura do Val Rosal Trintiña para logo seguir, dende o 1 de marzo de 2018, xa nas instalacións do veciño local, Skape 30.
Sede oficial do Club de Fans do piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido e de Moteiros do Baixo Miño, a cafetería Skape 30 conseguiu moita fama no Baixo Miño e aínda en Galicia polos sorteos da súa Macrocesta de Nadal anual, que na última edición tivo a unha BMW 1000 RR como protagonista e diferentes produtos valorados en máis de 25.000 €.
Dende Noticias O Rosal só podemos desexarlle a mellor das sortes a Dani e Celia á vez que lles expresamos as nosas sinceras grazas por estes anos de estreita colaboración. En verdade, foi un auténtico pracer. Como ben dicides… vémonos nos bares! Apertas, rapaces!