
Dende Noticias O Rosal queremos felicitar ao noso amigo, o popular crego da vila D. Isaac Penela Carbajales, que cumpre hoxe, mércores 7 de setembro, nada máis e nada menos que 91 anos de idade.
D. Issac Penela, que naceu en Vigo en 1931, é Licenciado en Teoloxía e en Ciencias Económicas e Empresariais, ordenándose sacerdote o 31 de maio de 1958 na cidade de Tui.
Para rematar, igualmente os nosos dobres parabéns para D. Issac, xa que o vindeiro luns 12 de setembro tamén fará 52 anos dende que chegou en 1970 a O Rosal.