Curso Profesional de Camareiro en O Rosal

A Escola Profesional de Hostelería do Baixo Miño – Tapería “O Rolete” vén de anunciar nas redes sociais que a finais de outubro-principios de novembro deste ano 2019 celebrarase un Curso Profesional de Camareiro (gratuíto).

Segundo afirman dende a EPHB, serán máis de 900 horas de formación, con prácticas incluídas, con título oficial (certificado de profesionalidade) e impartido por docentes homologados pola Xunta de Galicia. Acéptanse preinscricións no teléfono 666 416 731.

É necesario ser demandante de emprego cando se inicie o curso (despois pódese compatibilizar con traballo). En principio, o horario será de tarde, de 16:00 a 21:00 horas, todos os días, de luns a venres.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies