Entrega de diplomas no Centro Cultural da Guarda

Como xa tiñamos anunciado, celebrouse hoxe día 1 de xullo, no Centro Cultural da Guarda a entrega de diplomas ás 38 asistentes do “Taller de estimulación de memoria”, organizado pola Cruz Vermella do Baixo Miño. Lembramos que dende o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal desta asociación, desenrolan un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos, sendo os seus usuarios da Guarda, O Rosal e Oia. Presidiron o acto o Presidente Comarcal de Cruz Vermella, Paulino Baz Martínez, a Concelleira de Asuntos Sociais da Guarda, Mª Teresa Vicente Baz e o coñecido empresario José María Salcidos. As voluntarias e técnicas de Cruz Vermella foron as encargadas de entregar os diplomas, nun ambiente moi ameno e de amizade. Seguidamente, procedeuse nas instalacións do Centro Cultural a tomar un aperitivo. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe da nosa asistencia ao acto: http://es.youtube.com/watch?v=Fdqe0GEDZJs

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies