A orixe das cruces nos camiños de O Rosal

Cruces e cruceiros de O Rosal (1)
Cruciñas no camiño aos Muíños do Folón

Os camiños son tan antigos como o home, como a vida. Os nosos camiños son tamén como testemuñas, como os nosos compañeiros de ruta. Eles teñen moito que ver coas guerras e coa paz, coa vida e coa morte. Outro tanto coa saúde, coa relación de amizade, coa cultura, coa comunicación entre os pobos, e, por suposto, co progreso.

Cruces e cruceiros de O Rosal (2)

Non sen razón e lóxica, xa o Imperio Romano, na súa relixión de estado, tal e como lembrábamos hai pouco ao falar da “Ara votiva” de Marzán, tiñan ao longo dos camiños, notables deidades como o referido Mercurio, protector de todo tipo de camiñantes. 

Cruces do Rosal (2)
Cruciñas no camiño da Robadeira (Marzán)

Así mesmo, Roma, ademais de contar con estes deuses maiores, tiña outros deuses, espíritos benéficos e menores, entre eles, os coñecidos “Lares”. Estes velaban e protexían os máis humildes traballos, como os da casa (lar), á familia, as colleitas, así como a cantos saían da casa ou do pobo e desexaban voltar ao fogar. A ofrenda aos deuses “lares” ao voltar de novo á casa, como acción de grazas, consistía en flores, froitos e incenso, que se lle queimaba na súa presenza.

Cruces do Rosal (1)

Outro tanto acontecía na Igrexa, máxime a partir do século IV, despois do “Edicto de Milán” de Constantino, en que declarou “relixión oficial do Imperio” ao Cristianismo. Esta relixión nos fala de como cada quen conta co seu anxo da guarda, que sempre nos acompaña.

Aínda máis. Nos propón santos (amigos e colaboradores, intermediarios, entre Deus e os homes), que nos poden protexer. Por exemplo, San Cristovo e San Bastián de Aparicio ou calquera santo da nosa devoción particular. Protectores, que dalgún xeito, teñen que ver cos que circulamos polos camiños (lugares cheos de perigos posibles…) xa por terra, xa por aire ou por mar.

Cruces e cruceiros de O Rosal (5)
Cruces no camiño vello da Rotea ata Parada (Novás)

Nós, por suposto, queremos referirnos aos camiños por terra, os dos nosos pobos. Camiños de certa antigüidade que, debido ao progreso, sufriron e sufrirán, por esa lóxica evolución, moitos cambios, moitas melloras. Estas, tamén, hai que dicilo, acaban destruíndo, borrando aqueles primitivos signos cristiáns e, moitos deles, xa para sempre.

Cruces e cruceiros de O Rosal (3)

Todos estes humildes signos, cruciformes plenamente cristiáns, non foron insculturados por casualidade, senón con toda intención. Atopábanse (atópanse) en lugares, sitios ben á vista, por onde transitaban os veciños, para que ao ollalos, invitaban (cando menos aos fieis, á xente de fe) a rezar, a pensar, a lembrar o amor do noso Deus, Pai e Amigo, quen nos pode axudar e liberar de calquera perigo do camiño.

Nos pode facer lembrar aos nosos familiares e amigos, que tantas veces fixeron ese camiño… e xa fican na Eternidade. Esas cruciñas, pois, gravadas á beira dos camiños, tiñan esa cristiá finalidade, aínda que nos pasen desapercibidas ou que nos fagan pensar ¿quen sería e para que se gravarían estes “garabatos”?

Cruces e cruceiros de O Rosal (7)
Cruces no camiño de Porto de Carros (Viso dos Eidos)

Cada vez se aprecia, se atopan menos, xa porque moitos daqueles camiños están atascados de maleza, pois non se transita por eles; noutros, polas melloras que sufriron, tal como polos ensanches, esas cruciñas desapareceron para sempre.

Cruces e cruceiros de O Rosal (6)
Poldras en Porto de Carros

Tamén é certo, que “as cruciñas” nos camiños máis próximos ás poboacións, o mesmo que os camiños máis transitados, se converteron co tempo, coa cultura, coa maior economía e concienciación dos fieis, en “cruces de culto” (nos cruceiros), que hoxe podemos apreciar, admirar nos nosos camiños, nas encrucilladas, nas prazas.

Cruces Porto de Carros O Rosal

Destes últimos, moitos e fermosos cruceiros, son obras de arte, que enriquecen o patrimonio histórico-artístico do noso concello do Rosal, dos que xa falaremos tamén.

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies