Confirmados 18 casos activos de COVID-19 en O Rosal

✍️ Concello do Rosal.

Segundo comunica o Concello do Rosal “a Consellería de Sanidade manterá reunións dúas veces por semana cos rexidores dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño, con motivo dos brotes vividos nos últimos días nestes municipios. O obxectivo destos encontros será valorar a situación e a evolución de xeito frecuente, e facilitar aos concellos os datos relativos aos casos activos que hai en cada momento.

Nesta primeira reunión Sanidade informou de que no Rosal existen na actualidade 18 casos activos de COVID-19, repartidos en 4 brotes: un brote de carácter laboral e tres de ámbito familiar. Neste sentido, é importante sinalar que se entenden como casos activos aqueles que foran positivos na proba de PCR, que aínda non se lles dera a alta médica, e que teñan o seu médico de cabeceira adscrito ao centro de saude do Rosal”.

Polo ben de todos, #SENTIDIÑO.

Máis información na web do Concello do Rosal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies