Conferencia de Carlos Méixome en Sanxián

O pasado venres 24 de setembro inaugurouse na Escoliña de Sanxián unha exposición composta por sete paneis explicativos sobre o proceso de investigación histórica, escavación arqueolóxica e identificación das dúas fosas de Sanxián.

O acto, organizado pola Comisión de Festas de San Xián e a concellería de Cultura do Rosal, completouse coa interesante conferencia sobre “As fosas de San Xián” impartida por Carlos Méixome Quinteiro, director do Instituto de Estudos Miñoranos.

Segundo a páxina web desta asociación e do propio Méixome “na primeira delas atopáronse os restos que permitiron a identificación de Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudencio do Rosario, entregados aos seus familiares nun acto público que tivo lugar o pasado 31 de xullo na sede do IEM en Gondomar, así como o dunha terceira persoa que coidamos se trata de Manuel ou Jesús “o palero de Laureana”.

O director do IEM fixo un percorrido polos paneis, explicándoos, á vez que respondía ás múltiples preguntas dos veciños asistentes. Lembrou que “na segunda das fosas apareceron dous cadáveres. Un deles coidamos que se trata de Joaquín de la Iglesia Portela, o carpinteiro de San Pedro da Ramallosa, (na actualidade en proceso de identificación por ADN polo Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela). Do segundo dos cadáveres carecemos de información”.

Dos asistentes a este acto puidemos charlar -entre outros- con Xosé Lois Vilar Pedreira, arqueólogo e membro do IEM; Xoán Martínez Tamuxe, escritor e presidente do Instituto de Estudios Tudenses; Roberto Rodríguez Álvarez, historiador ou Miguel Ángel Gil, activo membro da Comisión de Festas de Sanxián.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies